domingo, 18 de febreiro de 2018

Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio e este ano por primeira vez a Radio Escolar Mosteiro Meis ven de participar da man da Rede ESPORA, cun evento onde participaron distintas radios escolares das provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña.

O motivo do evento deste ano era a igualdade das mulleres no mundo dos deportes e en concreto nos medios de comunicación. Do noso centro participou Mariña de 4ºB, cun texto no que falaba na voz da alpinista Chus Lago. Podédelo escoitar no seguinte podcast.

Tamén podedes ver o evento completo na páxina da UNESCO premendo na imaxe a continuación ou aquí.

http://www.diamundialradio.org/event/rede-espora-mulleres-nas-suas-marcas-women-her-marks

domingo, 21 de xaneiro de 2018

Volve Soños de Papel!

Estamos de noraboa, o clube de lectura máis famoso do CPI Mosteiro Meis, está de volta na nosa radio e veñen cargadiñ@s de libros e historias.

Os nenos e nenas da clase de 4ºB están de volta co seu clube de lectura, Soños de Papel e arrancan cun triple programa, no que Selmo e Saray Oviedo son entrevistados presentando dous libros moi pero que moi interesantes.


E ademáis temos sorpresas, xa que Mariña e Iván Sabarís levan o mando do programa entrevistando aos seus propios compis: Khadija e Bruno.

Non perdades nin un segundo destes xeniais programas!

Entrevista a Mario Gallego para o proxecto ERASMUS+

Manuel, Adrián e Uxía foi o alumnado de 4º da ESO encargado de entrevistar a Mario Gallego para coñecer un pouco mellor o patrimonio histórico e cultural do Concello de Meis.
Partindo desta entrevista poderán incluir estes novos descubrimentos no proxecto ERASMUS+ que levará ao alumnado de 4º da ESO ata Galway (Irlanda) onde compartirán experiencias e coñecemento co alumnado irlandés.
Podedes coñecer máis sobre o proxecto ERASMUS+ na bitácora MUSEO DO TEMPO
 


Especial Galiciencia das Xornalistas Escolares

Carla Riveiro e Candela Giráldez de 6º de Primaria foron as Xornalistas Escolares encargadas de facer as entrevistas correspondentes ao tema de Galiciencia, a maior feira científica que se celebra en Galicia, concretamente en Ourense en Tecnópole.


A primeira entrevista foi con Sabela Bouzo, responsable de Galiciencia, esta entrevista foi todo un fito para a Radio Escolar Mosteiro Meis, xa que era a primeira ocasión na que levábamos a cabo unha audioconferencia, e cremos que o resultado foi moi moi interesante, escoitadeo e xulgade vos.


A continuación os entrevistados foron Milena de 4º da ESO que foi unha das participantes na Galiciencia 2017 e tamén o profesor Camilo, que se encargou de coordinar o proxecto participante na feira.

domingo, 14 de xaneiro de 2018

Xa están de volta os Xornalistas Escolares

Xa está aquí unha nova entrega de Xornalistas Escolares, onde as parellas de 4º e 6º de Primaria presentan as novas máis destacadas que ocurriron no centro antes das vacacións de Nadal. Eles e elas son: Roi, Raquel e Enzo de 4º. Carla Martíns, Carla Riveiro, Manuel e Candela de 6º.
O alumnado de 5º de Primaria nesta ocasión non quixo participar no programa de radio, agardamos que as próximas parellas de 5º teñen máis ánimo.

Ademais das novas emitidas pola Radio Escolar Mosteiro Meis, os xornalistas redactaron algunhas outras de moito interés no diario dixital https://xornalistasescolares.wordpress.com/
Pasade por alí a velas!
Tamén debedes saber que varias delas ampliaron o seu traballo levando a cabo a PRIMEIRA AUDIOCONFERENCIA que se ten feito na Radio Escolar Mosteiro Meis e que pronto poderemos ver e escoitar publicada. Noraboa Xornalistas!