luns, 27 de marzo de 2017

Día da Poesía - Contos voadores 02: Frederick

O 21 de marzo celébrase mundialmente o Día da Poesía, e dende a nosa Radio Escolar Mosteiro Meis tamén quixemos telo presente.
Miranda e Erika de 4º de Educación Primaria viñeron a lernos un conto: Frederick de Leo Lionni. Agardamos que vos guste a poesía destas pequenas ratiñas ;)



luns, 20 de marzo de 2017

Soños de papel - Episodio 04

Como cada dúas semanas o alumnado de 3º B acode á Radio Escolar Mosteiro Meis cun novo programa adicado ao seu club de lectura de aula: Soños de Papel.


Nesta ocasión presentáronse Saray, Tomás e Mariña. Aparte Selmo e Kadija prepararon unha pequena sorpresa que podedes escoitar ao final do audio. Agardamos que vos guste.

luns, 13 de marzo de 2017

Visita do Conselleiro de Educación Román Rodríguez

Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa Radio Escolar Mosteiro Meis xa que ata o centro achegouse o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González. Como non podía ser doutro xeito aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista, a cargo nesta ocasión de Jorge e de María de 6º de Primaria.

Na foto de esquerda a dereita: María, José Luis Pérez Estévez (Alcalde de Meis), Román Rodríguez González (Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), Cores Tourís (Delegado Territorial da Xunta), Jorge e Luis Camilo Fernández Álvarez (Director do CPI Mosteiro Meis)