luns, 18 de decembro de 2017

Calendario de adviento de 1ºA

Os nenos e nenas da clase de 1ºA traballaron co calendario de adviento, unha serie de retos na aula, e foron Tomás, Alexandra, Diego e Alba os encargad@s de vir a contarnos algúns deles.

Foi a súa primeira visita á Radio Escolar Mosteiro Meis e foi un programa moi moi divertido. Escoitade!






domingo, 3 de decembro de 2017

Entrevista a Pablo Caballero e Gonzalo Gamallo da Consellería de Medio Ambiente

Con motivo da saída do alumnado da ESO para coñecer o sistema de pesca eléctrica, Pablo Caballero e Gonzalo Gamallo viñeron a respostar a unhas preguntas dos nosos xornalistas escolares, que no caso de Pedro e Cristina xa cubriran a noticia acompañando ao alumnado da ESO.



As primeiras parellas de xornalistas escolares rematan a súa quenda

Na Radio Escolar Mosteiro Meis non poderíamos estar máis orgullos@s do traballo feito por estas primeiras parellas de Xornalistas Escolares, que despois dun par de semanas e media, elaboraron diversas noticas e algunha entrevista sobre o acontecido neste tempo no centro escolar. Aquí podedes escoitar as novas das parellas de 5º, a excepción de Sara Bispo que por mor dunha otite non puido ir a gravar na radio. E tamén das parellas de 6º que fixeron un traballo magnífico.




sábado, 18 de novembro de 2017

Arranca o proxecto Xornalistas Escolares do CPI Mosteiro Meis 2017-2018

Despois das semanas iniciais de probas e aprendizaxe para tod@s, arranca por fin o proxecto Xornalistas Escolares 2017-2018. Un proxecto que parte da aula de Audición e Linguaxe coa idea de potenciar e estimular a comunicación oral e escrita a través dos medios TIC (podcast e bitácoras dixitais), nas aulas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Se queredes saber máis deste apaixoante proxecto podedes entrar no diario dixital
https://xornalistasescolares.wordpress.com/

Polo de pronto arrinca con varias novas escritas e o primeiro e interesantísimo programa de radio levado a cabo polo alumnado de 4º de Primaria.

venres, 17 de novembro de 2017

Os dereitos d@s nen@s

Khadija, Selmo e Saray viñeron a lernos un bonito conto sobre cales son os dereitos que todos os nenos e nenas do mundo teñen e co cal traballaron na asignatura de valores, unha materia importante que permite formar aos futuros cidadáns do mañá.


martes, 31 de outubro de 2017

Cartas ao director - Programa 03

Último programa do alumnado de 4ºB adicado ás cartas ao director. Nesta ocasión visitan o estudio de radio: Ainhoa, David, Bruno e Ana.

luns, 30 de outubro de 2017

Cartas ao director - Programa 02


Xa está aquí unha nova entrega de "Cartas ao director", neste caso son Enzo, Saray, Iván e Hugo os que veñen a falar desas cuestións tan necesarias no noso cole.


xoves, 26 de outubro de 2017

Cartas ao director - Programa 01

Comeza o novo curso e a clase de 4ºB xa entrou na radio con máis forza incluso que o ano pasado. O alumnado propuxo un novo formato de programa chamado "Cartas al director", no que escriben ao director do centro unha carta solicitando melloras no colexio ou transmitindo ideas que poden ser boas para todos.

Non vos perdades as cartas de Selmo, Khadija, Mariña e Iván que teñen grandes ideas, así que xa sabe señor Director, vaia preparando as súas respostas porque agardámolo na Radio Escolar Mosteiro Meis.


mércores, 28 de xuño de 2017

Letras Galegas 2017

Entrevista a Manuel Serto, gañador do concurso de relatos das Letras Galegas 2017, durante a cal o propio autor le a súa obra; curta pero intensa. Gozádea!
Letras Galegas 2017

martes, 20 de xuño de 2017

O Club de Ciencias

Durante este curso o noso CPI Mosteiro Meis foi escollido xunto con outros dez centros de toda Galicia para formar parte dunha experiencia pioneira: o Club de Ciencias.

Nerea e Sandra de 4º da ESO viñeron a explicarnos como funciona e algunhas das experiencias que se levaron a cabo.


martes, 13 de xuño de 2017

Fina Casalderrey na Radio Escolar Mosteiro Meis

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey estivo hoxe día 13 de xuño no noso cole e aproveitamos para facerlle unha entrevista na Radio Escolar Mosteiro Meis. Pedro, Enzo, Lucía e Kadhija encargáronse de facerlle as preguntas.



martes, 6 de xuño de 2017

Soños de Papel - Episodio 07

De novo o alumnado de 3ºB veñen a presentarnos as novidades literarias do seu club de lectura de aula "Soños de Papel".

Nesta ocasión viñeron Khadija, Selmo, Mariña, Iván e Saray para rematar con esta serie de programas que tanto fixeron que desfrutáramos da radio durante este curso escolar. Gracias por todo!


martes, 16 de maio de 2017

Estamos na Rede ESPORA

Estamos na portada da páxina web da Rede ESPORA (EScolas POntevedresas na RAdio)!

Dita rede faise eco do traballo de fomento da lectura levado a cabo pola nosa compañeira de 3º Pilar e ven de publicar un video onde ela e parte do seu alumnado explica como foi o traballo deste curso coa Radio Escolar Mosteiro Meis.

Mirade!


xoves, 4 de maio de 2017

Antón Cortizas veu falar ao CPI Mosteiro Meis

O galardoado escritor galego de literatura infantil Antón Cortizas veunos falar da súa obra "O Lápis de Rosalía". E os nenos e nenas de 2º aproveitaron para facerlle unha entrevista. Alí estiveron Sheila, Lucía, David e Amanda.

Escoitade que ben o fixeron e todos os consellos tan interesantes que nos deixou Antón Cortizas.

Soños de papel - Episodio 6

Un novo programa do Club de Lectura de 3ºB, Soños de Papel. Nesta ocasión viñeron Gimena, Ana, Iván, Selmo e Khadija a falarnos de libros moi interesantes e como din sempre: LER MOLA MOITO!


 

xoves, 20 de abril de 2017

Os oficios

O alumnado de 1º de Primaria estivo traballando un proxecto sobre os oficios que contou coa participación de moitas das súas familias. Tamén realizaron visitas aos lugares de traballo e a exposicións sobre o tema.

O mellor é que escoitedes aos alumn@s de 1º A  falando do que máis lles gustou e interpretando cada un dos oficios que coñeceron.





Marcos Calveiro na Radio


O escritor Marcos Calveiro achegouse hoxe ata o CPI Mosteiro Meis para falarnos do seu último libro "Palabras de auga" e aproveitamos para facerlle unha entrevista na Radio Escolar.

O libro estivémolo lendo no Club de Lectura do colexio así que foi unha ocasión inmellorable para saber de primeira man todas aquelas dúbidas que nos xurdiron mentres o líamos.
 

xoves, 6 de abril de 2017

Soños de Papel - Episodios 05


De novo son os nenos e nenas de 3ºB co seu club de lectura de aula: Soños de Papel, @s que veñen a "meternos o gusanillo" da lectura, recomendándonos libros divertidos e moi interesantes.


Nesta ocasión achegáronse Paula, Enzo, Selmo e Saray para contarnos as novas historias que descubrion estas semanas entre as follas dos libros que escolleron.

Non vos perdades este programa xa que como din no seu club:  

LER MOLA MOITO!

luns, 27 de marzo de 2017

Día da Poesía - Contos voadores 02: Frederick

O 21 de marzo celébrase mundialmente o Día da Poesía, e dende a nosa Radio Escolar Mosteiro Meis tamén quixemos telo presente.
Miranda e Erika de 4º de Educación Primaria viñeron a lernos un conto: Frederick de Leo Lionni. Agardamos que vos guste a poesía destas pequenas ratiñas ;)



luns, 20 de marzo de 2017

Soños de papel - Episodio 04

Como cada dúas semanas o alumnado de 3º B acode á Radio Escolar Mosteiro Meis cun novo programa adicado ao seu club de lectura de aula: Soños de Papel.


Nesta ocasión presentáronse Saray, Tomás e Mariña. Aparte Selmo e Kadija prepararon unha pequena sorpresa que podedes escoitar ao final do audio. Agardamos que vos guste.

luns, 13 de marzo de 2017

Visita do Conselleiro de Educación Román Rodríguez

Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa Radio Escolar Mosteiro Meis xa que ata o centro achegouse o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González. Como non podía ser doutro xeito aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista, a cargo nesta ocasión de Jorge e de María de 6º de Primaria.

Na foto de esquerda a dereita: María, José Luis Pérez Estévez (Alcalde de Meis), Román Rodríguez González (Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), Cores Tourís (Delegado Territorial da Xunta), Jorge e Luis Camilo Fernández Álvarez (Director do CPI Mosteiro Meis)

martes, 14 de febreiro de 2017

Día Mundial da Radio - Voy a comedte

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e dende Audición e Linguaxe quixemos aproveitar este evento para estrear a nosa nova e flamante Radio Escolar Mosteiro Meis e contar un conto. 
Irene de 2ºA e Rodrigo de 3ºA foron os encargados de facelo, e escolleron este "Voy a comedte", un simpático conto no que o lobo feroz non é o que parece.


xoves, 9 de febreiro de 2017

Cartas a Siria - Día da Paz

Hoxe viñeron dende 3º da ESO, Paula e Milena e de 6º de Primaria, Xosé Ramón e Maica para falarnos do Día da Paz que festexamos o 30 de xaneiro, e tamén para lernos as cartas que elaboraron para os nenos e nenas refuxiad@s de Siria. Faláronnos tamén das actividades que están levando a cabo para tratar de colaborar coa xente inocente que por desgracia viuse obrigada a fuxir do seu país.

Por outra banda o Departamento de Orientación premiou a dúas das mellores cartas e neste caso os premios recaeron en Xosé Ramón e en Paula, noraboa!


Club de lectura da BiblioMosteiro

Unha nutrida representación do Club de Lectura da nosa BiblioMosteiro viñeron a presentarse e a falar un pouco das actividades que fan desde o club.


xoves, 19 de xaneiro de 2017

Soños de papel, o club de lectura de 3ºB

Os nenos e nenas da clase de 3ºB teñen montado un club de lectura na aula, e viñeron á radio a falarnos del.

Nesta ocasión presentáronno Enzo, Selmo e Iván, que aproveitaron tamén para facer algunha recomendación lectora. Xa veredes que conversa tan interesante, escoitade, escoitade que como eles mesmos din:

LER MOLA MOITO!


martes, 17 de xaneiro de 2017

Entrevista ao profe Raúl de 4º de Primaria

Os nenos e nenas de primaria comezan a facer as súas incursións na nosa Radio Escolar Mosteiro Meis con programas propios. Neste caso é Tomás Oliveira Salgado de 3º B quen elaborou unha serie de preguntas para facerlle a Raúl, un dos nosos titores de 4º de Primaria.


Escoitade que ben quedou.