venres, 25 de novembro de 2016

Galiciencia 2016

Galiciencia é unha feira científica que cada ano se celebra en Ourense e na que participan cos seus proxectos os colexios de todas partes de Galicia. Este ano da man do noso profe Camilo Ojea, Erika, Laura, Lucas e Santiago levaron os seus proxectos. E do que alí coñeceron e viron deron boa conta na nosa Radio Escolar.
E non só os medios radiofónicos fixéronse eco desta nova, tamén o fixo "La Voz de Galicia" con esta nova tan interesante.

Cuatro aprendices de científicos en el cole de Meis


mércores, 23 de novembro de 2016

Os Dereitos d@s Nen@s

O alumnado de 1ºA aproveitando o Día dos Dereitos d@s Nen@s quixeron explicarnos de onde viñan os seus nomes da man da súa profe Mari Luz. Aínda teñen que medrar algo para chegarlle ben aos micros pero escoitade sen embargo que ben se explican.


Andanzas: historias pisadas

O alumnado de 4º da ESO sensibilizado co tema da violencia de xénero desta semana de novembro, fixeron unha serie de cuñas publicitarias basándose nos carteis de "busco parella".


xoves, 10 de novembro de 2016

Programa 0

E aquí está por fin o noso primeiro programa, chegou o día en que a nosa voz se escoita polas "ondas" da Rede.
Neste primeiro programa de proba podemos escoitar a Manuel, Raúl, Luis e Javier falando un cacho sobre esta nova tecnoloxía que se incorpora ao CPI Mosteiro Meis. Agardamos que vos guste.
 

Estamos de estrea

Pois si, é certo, estamos de estrea da radio e tamén de canle de podcasts. Como? Que non sabedes o que son os podcasts? Nos vos preocupedes que con esta infografía de "Vocolebulario" de Néstor Alonso enseguida o entenderedes.


Para a nosa canle escollimos a plataforma ivoox.com, premede na imaxe para ver que programas temos colgados xa.


1, 2, 3... probando...

A falta da inauguración oficial, a nosa querida Radio Escolar Mosteiro Meis (REMM) comezou a funcionar en fase de probas, despois de facer a instalación básica e agardando que nas seguintes semanas todo quede listo de xeito permanente, xa se fixeron as primeiras gravacións.

Mirade que chulada de estudio temos. Nuns días colgaremos máis fotos de como está quedando.


Benvid@s

Benvid@s a esta nova bitácora do CPI Mosteiro Meis e a súa Radio Escolar. 
Pasade e poñédevos cómod@s.