martes, 15 de maio de 2018



RADIO CUALE - PREMIER ÉPISODE

Les élèves de 3ème qui participent au programme CUALE commencent leur aventure radiophonique en français. 

Os alumnos de Terceiro da ESO que participan no programa CUALE comezan a súa aventura radiofónica en francés.


domingo, 18 de marzo de 2018

Xornalistas escolares - Entrevista a Javier Prado

Están de moda as entrevistas entre @s Xornalistas Escolares, neste caso son Tamara e Carla de 6º de Primaria quenes lle fan unha entrevista ao profe Javi, mestre de Audición e Linguaxe que puxo en marcha este proxecto e ao que lle tocou caer nas redes destas avezadas xornalistas.

Ao final desta entrevista Tamara e Carla conseguirán unha novidosa noticia sobre o futuro do profe Javi, se queredes saber cal é escoitade ata o final.


martes, 13 de marzo de 2018

Xornalistas escolares descubrimos unha triste noticia

O noso equipo de Xornalistas Escolares coma sempre está ao pé da noticia do que sucede no CPI Mosteiro Meis, e nesta ocasión veñen de descubrir unha triste noticia para o alumnado de 5º e 6º... A PROFE CHUS MARCHA DO CENTRO.


Pois si, cando se enteraron desta noticia decidiron que era un bo momento para entrevistala e saber algo máis da súa vida e as razóns pola que cambiaba de centro ao final de curso. Laura e Javi de 5º foron os que se encagaron de elaborar as preguntas e facer esta entrevista, escoitade escoitade, que Chus Valiño deixa o CPI Mosteiro Meis.


xoves, 8 de marzo de 2018

Débat sur le féminisme

Bonjour !

Les élèves du groupe de Cuale A2 Français ont voulu débattre sur le féminisme et la célébration de la grève du 8 mars 2018. Il s'agit de leur première fois à la radio... Écoutons-les !

Ola !

Os alumnos do grupo de Cuale A2 de Francés quixeron debatir sobre o feminismo e a celebración da folga do 8 de marzo de 2018. Trátase da súa primeira vez na radio... Escoitémolos! 


Crédits musique : Double Je - Christophe WILLEM


xoves, 22 de febreiro de 2018

Entrevista á nosa asesora de formación

O outro día Nati, a nosa asesora de formación do CFR estivo de visita no centro para coñecer de primeira man o traballo que dende a clase de 4ºB se fai co seu club de lectura "Soños de Papel".


Aproveitando esta situación Khadija, Iván e Quique fixéronlle unha pequena entrevista que xa podedes escoitar aquí, para coñecer un pouco máis o traballo que dende este ano desempeña Nati axudando a todo o profesorado do CPI Mosteiro Meis.

Moitas gracias por vir Nati. Agardamos que estiveras a gusto na nosa emisora e que voltes moi pronto!

domingo, 18 de febreiro de 2018

Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio e este ano por primeira vez a Radio Escolar Mosteiro Meis ven de participar da man da Rede ESPORA, cun evento onde participaron distintas radios escolares das provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña.

O motivo do evento deste ano era a igualdade das mulleres no mundo dos deportes e en concreto nos medios de comunicación. Do noso centro participou Mariña de 4ºB, cun texto no que falaba na voz da alpinista Chus Lago. Podédelo escoitar no seguinte podcast.

Tamén podedes ver o evento completo na páxina da UNESCO premendo na imaxe a continuación ou aquí.

http://www.diamundialradio.org/event/rede-espora-mulleres-nas-suas-marcas-women-her-marks

domingo, 21 de xaneiro de 2018

Volve Soños de Papel!

Estamos de noraboa, o clube de lectura máis famoso do CPI Mosteiro Meis, está de volta na nosa radio e veñen cargadiñ@s de libros e historias.

Os nenos e nenas da clase de 4ºB están de volta co seu clube de lectura, Soños de Papel e arrancan cun triple programa, no que Selmo e Saray Oviedo son entrevistados presentando dous libros moi pero que moi interesantes.


E ademáis temos sorpresas, xa que Mariña e Iván Sabarís levan o mando do programa entrevistando aos seus propios compis: Khadija e Bruno.

Non perdades nin un segundo destes xeniais programas!